ESTE É O MEU COLEXIO

Aprender dun xeito ameno e dinámico

Baños de Molgas. 09-03-16. Xornal escolar. Grabación do programa no colexio de Baños de Molgas.
Foto: Xesús Fariñas

Combinan as clases teóricas con actividades prácticas e proxectos cos que reforzan os seus coñecementos

No CEIP Baños de Molgas combinan perfectamente as horas propiamente lectivas e cun carácter máis teórico con actividades prácticas e outras de lecer. Ademais e para reforzar os coñecementos aprendidos na aula, participan en numerosos proxectos e actividades. Este curso destacan especialmente dous interesantes proxectos nos que están inmersos. O primeiro é a celebración dos “Días da árbore e a auga”, con charlas a cargo de persoal especializado nestes temas, prantación de árbores e moitas outas actividades coas que se conciencia aos escolares da importancia de coidar axeitadamente o medio que os rodea.  

Outro dos proxectos do centro e máis a longo prazo e a celebración da “Semana das Letras Galegas”, onde levarán a cabo varias actividades entre as que está o coñecemento do autor, Manuel María, un acto público con presenza dos pais de alumnos e no que serán os escolares os encargados de recitar poesías, interpretar pequenas obras de teatro e cantar unha serie de cantigas que xa están a preparar dende semanas antes, co fin de ofrecerlle a todos os asistentes un magnífico espectáculo. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma