COLE A COLE

Aprendizaxe e diversión en galego

Ourense. 15/05/18. Actividades para escolares para celebrar la semana de As Letras Galegas 2018 en la Praza San Martiño.
Janette, David.
Foto: Xesús Fariñas

Os escolares leron fragmentos de libros de María Victoria Moreno e participaron nun espectáculo de monicreques

As cámaras do programa Xornal Escolar non quixeron faltar á cita festiva e quixeron compartir cos escolares o gran día de Galicia. Minutos antes do inicio da actividade, Conchi Pérez e o seu equipo quixeron saber a opinión que tiñan os escolares sobre esta festa, o que máis lles gustaba, que supuña para eles e todo tipo de curiosidades. Tamén falou coa gañadora do VI Certame de Microrrelatos on line "Unha viaxe por Galiza". Aroa Dios Do Campo alzouse co primeiro premio co seu traballo "Soñando" e quixo compartir a súa ledicia ante as cámaras de Telemiño. Outro dos premiados, Hugo Mosquera, do CEIP Amadeo R. Barroso quixo falar ante as cámaras do seu relato titulado “Transformador de Paisaxes”, no que creou unha máquina viaxeira coa que acabar cos incendios en Galicia. 

Durante a actividade celebrada na praza de San Martiño, os escolares leron fragmentos dos libros de María Victoria. Foi unha experiencia sensacional que contou tamén cun espectáculo de monicreques cos que os nenos e nenas que participaron na actividade o pasaron en grande, aprendendo, pero nesta ocasión fóra das aulas e sen libros.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar