A área industrial de Cea xa aluga locales para emprendedores

O precio do aluger está fixado pola ordenanza en 250 euros mensuais e o periodo de contrato é dun ano

O Concello de San Cristovo de Cea fixo pública a convocatoria para a presentación de solicitudes de cesión de locais do espazo municipal para o fomento do emprendemento no seu parque empresarial. Concretamente, trátase dun total de catro dependencias tipo nave, de 84 a 123 metros cadrados con despachos anexos de 10 metros cadrados aproximados de superficie, e que poderán ser alugados por un máximo dun ano e con posibilidade de prórroga por un ano máis.

O prezo unitario de aluguer está fixado en 250 euros mensuais, según a ordenanza posta en vigor polo Concello, para poder utilizar estas dependencias, orientadas a facilitar a posta en marcha de iniciativas empresariais e á propia promoción exterior da área industrial. Así, ademais do terreo ocupado polo viveiro de empresas, que gestionará o propio Concello, xa están en marcha outras cinco iniciativas, como é un forno tradicional para a elaboración do pan de Cea, unha fábrica de cosméticos naturais, un taller mecánico, unha empresa de vidrio e outra de madeiras, que ocupa a parcela máis grande do polígono, que ten unha superficie total aproximada de 320.000 metros cuadrados.

As obras de construcción do edificio destinado a viveiro de empresas comezaron a mediados de agosto do pasado ano e remataron a finais de outubro, cun investimento de 250.000 euros aportado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. O municipio de San Cristovo de Cea é pioneiro na comarca carballiñesa neste tipo de instalacións e, a diferencia da meirande parte das áreas industriais, o polígono é xestionado polo propio Concello, que sacou a subasta as parcelas e vendeunas a 12 euros o metro cadrado, cando noutros o prezo oscila ente 32 e 35 euros coa bonificación do 50% da Xunta.

Te puede interesar