CULTURA

Arqueólogos de San Vítor achan unha inscripción medieval de gran valor

photo_camera Inscripción de orixe medieval descuberta nos xacementos de San Vítor de Barxacova

O uso de drons permitirá o levantamento topográfico da excavación

A preparación da nova campaña de traballos arqueolóxicos que se leva a cabo na necrópole rupestre de San Vitor de Barxacova, no Concello de Parada de Sil, permitiu descobrir un novo achádego. Eduardo- Breogán Nieto Muñiz, director dos labores de delimitación da zona, e o tamén arqueólogo Santiago Ferrer Sierra, acharon oculta baixo o musgo, na parte traseira da pena que alberga a ruína da capela de San Vítor, unha inscripción medieval.

A confirmación deuna Beatriz Vaquero Díaz, profesora de Paleografía da Facultade de Historia da cidade de Ourense, cando analizou a inscripción, e afirmou que as características do achádego, tres ou catro letras duns dez centímetros de alto e surcos fondos e redondeados, coincidían de maneira perfecta coa cronoloxía central do xacemento, que dataría desde o século IX ata o XI.

O soporte de granito no que se atopou a inscripción está moi deteriorado debido ao paso do tempo, e estas circunstancias dificultan de maneira importante o traballo de investigación. Os arqueólogos non poden adiviñar cales son as letras anteriores a inscripción, nin distinguir con claridade se as posteriores son unha “N" ou un “CI".

Este descubrimento súmase aos outros datos de interés que apareceron no xacemento dende que comezaron os traballos no ano 2010. Ademáis, convertirase nun dos principais atractivos para os turistas que visiten a necrópole e a capela, dous elementos íntimamente relacionados, na campaña deste ano impulsada económicamente polo Concello de Parada de Sil e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Entre os obxectivos do proxecto atópase o estudo das prácticas relixiosas e dos espazos sacralizados, co establecemento da cronoloxía do enclave , ca definición da extensión ocupada polo xacemento en San Vítor, na ladeira de San Lourenzo, San Miguel e en San Salvador, e ademáis, coa mellora da visibilidade social da investigación arqueolóxica mediante a difusión e a acción social.

Te puede interesar