O Colexio oficial tamén distinguiu ó Instituto do Campo de Xinzo como obra de 'baixo coste'

Os arquitectos premian o centro de San Cibrán de Lás

Instituto do Campo, en Xinzo de Limia. (Foto: ARCHIVO)
O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fixo público o fallo do xurado da décimo cuarta edición dos seus premios de Arquitectura, entre os que destacan dúas distincións a outros tantos traballos de edificación en Ourense.
Concretamente, un deles é o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa, ubicado xunto ó castro de San Cibrán de Lás, no municipio de San Amaro, e que foi deseñado polos arquitectos Carlos Martínez, Ángeles Santos e Carmen Ruiz. Esta obra, encargada pola Consellería de Cultura, recibiu un dos accésits na categoría de 'Obra de nova pranta'.

O segundo galardón concedido polo COAG na provincia corresponde ó Instituto do Campo, construido en Xinzo de Limia e que foi ideado polos técnicos María Belén Bouza e Santiago e Olalla Barge, premiado na categoría de 'Obra de baixo custo'. Según o xurado, iste proxecto 'parte dun condicionante básico, a ubicación da parcela; moi próxima ó pavillón de deportes, edificio que dificilmente cohabita por tamaño e altura co edificio proxectado'.

Os premios do Colexio de Arquitectos, que se celebran cada dous anos, tratan de recoñecer as mellores obras da arquitectura galega intentando destacar a función social que desempeñan.


DESTACADOS

Dun total de 19 traballos, foron seis as obras que acadaron o máximo galardón destes premios, 11 obtiveron accésits e dúas recibiron mencións especiais. Entre eles, o premio de 'Obra de nova pranta' correspondeu á Casa Mercedes na Cidade Xardín, na Coruña, de Juan Creus e Covadonga Carrasco, mentres ó de 'Planeamento, intervencións e desenvolvementos urbanos' foi para o conxunto residencial 'Manzana Massó', de Bueu (Pontevedra), deseñado por Jerónimo Junquera,, Liliana Obal e Teodoro de Francisco.

Te puede interesar