ARRIBA ESPAÑA

Prohiben no entroido o disfraz de garda civil. Limitan o acceso de xornalistas ao Parlamento de Galicia. Meten tesoira á chamada xustiza universal e déixana en nada (Cando os poderosos os sinalan co dedo, como lles abalea a papada). Nas roldas de prensa atrinchéiranse detrás dunha pantalla para así manter a distancia co bárbaro e cruel inimigo empeñado unha vez tras outra en querer saber. As comparecencias pactadas e nada de preguntas incómodas.
Ollo co que dis, onde e ante quen. E non fagas ademáns nin movementos estraños. Eses feitos son motivos dabondo para que alguén vestido de uniforme se achegue a ti para levarte con el a lugares pouco recomendados. Non te pares diante da casa dun político, nin no teu suposto libre camiñar pola rúa te dirixas a el, iso pode significar como mínimo acoso e/ou ameazas.

E ti, muller, miña xoia, déixate de lerias e entende que no teu corpo non dispós ti.

E xa postos a revivir vivires, poderían de paso aproveitar as últimas e abundantes choivas para volver a inaugurar algún que outro encoro máis. Ganas, seguro que non lles faltan.

Te puede interesar
Más en Cartas al director