Cando un fai as cousas ás présas, ás veces engánase. Certo.
E para non o facer, debemos coidar desas formas adverbiais con aparencia de plural: “ás veces”, “ás escuras”, “ás présas”, “ás agachadas”, “ás apalpadas”, e non calcar do castelán “a veces”, etc.
É tan ridículo dicir en galego “A veces chove”, como en castelán “A las veces llueve”.
Así que a cada lingua o seu.