Así foi o regreso ás aulas no Cadenal Cisneros

Percorremos o Cardenal Cisneros para comprobar a adaptación das instalacións.
photo_camera Percorremos o Cardenal Cisneros para comprobar a adaptación das instalacións.
As cámaras de Telemiño acompañan ós pequenos do Mestre Vide e percorren as instalacións do Cardenal Cisneros

O Xornal Escolar de Telemiño retoma esta semanas as súas emisións para ser testemuño da volta ás aulas máis especial. Dirixímonos ó colexio Mestre Vide para compartir coas pequenas e os pequenos a emoción polo primeiro día, polo rencontro con compañeiros e profesores e os nervios propios da xornada tras seis meses de parón académico presencial. Os espectadores descubrirán como foi este ano o regreso neste colexio do centro da cidade.

Ademais, visitaremos o centro Cardenal Cisneros, onde parte do equipo directivo nos ofrecerá un percorrido polas instalacións para amosarnos como tiveron que adaptar este ano o edificio ás normas do protocolo Covid e que o curso transcorra con normalidade.

LATRICAR

Como pasaron os alumnos de Franciscanas o verán? Cal é o seu recordo máis especial destes meses? Que desexos teñen para o curso que agora comezou? Na sección Latricar poderemos responder todas estas preguntas.

PRENSA

Seguimos nas aulas de Franciscanas, onde un grupo de estudantes de Primaria nos explicará as novas máis destacadas desta semana compartindo cos espectadores a súa particular visión da actualidade e analizando a información dende o seu punto de vista.

ESCOLA DE FAMILIAS

Dende as Urxencias Pediátricas de Cosaga, a doutora Olga Fernández retoma a Escola de Familias para ofrecer unha serie de consellos de cara a este novo curso, no que a actualidade sanitaria é máis importante ca nunca. Pais e titores poderán tomar nota das recomendacións desta profesional para os vindeiros meses.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar