XORNAL ESCOLAR DE TELEMIÑO

Auga e máis auga no programa Xornal Escolar

lerxornal_result
photo_camera Daniel, Laura, Claudia, Carla e o profe Aarón, do grupo de guitarra española de Amencer, foron os encargados de ler o xornal.

Nenos e nenas de Salvour falarán para o programa escolar dos múltiples beneficios da natación

Esta semana, o programa Xornal Escolar de Telemiño centrarase especialmente nunha actividade tan saudable e divertida como é a natación. Conchi e o seu equipo acompañaron hai uns días a un grupo de nenos e nenas do colexio Salesianos ao pavillón de Os Remedios. Con eles compartiron  unha divertida mañá de deporte na auga. 

LATRICAR

Nesta sección, un grupo de nenos e nenas, todos eles deportistas de Salvour, Club de Salvamento Acuático de Ourense, falarán dos múltiples aspectos positivos da  natación, do moito que lles aporta esta modalidade deportiva e do beneficiosa que é para a saúde en moitos aspectos. 

PRENSA

A sección prensa desta semana gravarase na Asociación Xuvenil Amencer, onde nenos e nenas lerán o Xornal Escolar de La Región e comentarán aquelas novas que máis lles chamen a atención. 

AUGAESCOLA

A sección semanal de Viaqua, AugaEscola, corre a cargo dos Ecovixiantes de Franciscanas, que serán os encargados de presentar todos os coñecementos que teñen sobre o ciclo da auga. Será sen dúbida unha parte do programa do máis interesantes, onde podremos apreciar o moito que coñecen os escolares diversos aspectos relacionados coa auga e o seu ciclo en Ourense. 

ESCOLA DE FAMILIAS

Os mocos. Este será o tema central desta sección. O experto en fisioterapia e respiración infantil, Iván Prada, falará da importancia da prevención e a limpeza diaria dos mocos coa axuda dunha persoa adulta, "saúde respiratoria", unha disciplina da que se falará moito no futuro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?