formación

A aula Cenit acollerá un obradoiro de realidade virtual

Está previsto desde o próximo día 12 ao 16 de agosto, dirixido a nenos de 8 a 15 anos.

A aula Cemit do Concello do Carballiño acollerá un obradoiro de realidade virtual organizado por 123 Artes Dixitais e patrocinado pola Deputacion provincial de Ourense. Está previsto desde o próximo día 12 ao 16 de agosto, dirixido a nenos de 8 a 15 anos. O número de prazas está limitado a 28, e as inscricións, que son gratuitas, poden realizarse online.

Con este taller preténdese crear unha experiencia interactiva na que os participantes non só observen, senón que tamén constrúan, movan, debuxen e creen a súa propia contorna dixital. "Terán a oportunidade de gozar desta tecnoloxía que brindan as novas oportunidades para o xogo e a acción", segundo sinalan desde a organización.

No obradoiro contarase con CoSpaces, que é unha plataforma coa que crear, explorar e compartir mundos tridimensionais. Igual que sucede con Scratch, para desenvolver o pensamento e expresar as ideas utilizando este recurso tecnolóxico. Ademais poderán programar movementos dos personaxes e a interacción dos mundos. 

Para ver os traballos finalizados, os alumnos contaran con lentes de realidade virtual, máis a axuda dos móbiles.

Os interesados en inscribirse deberán dirixirse á aula Cemit do Carballiño ou no enlace ;https://forms.gle/A2x4fzeerYWwQs4JA.

Te puede interesar