arte et alia

Autorretratos, máis alá do espello

__xose_lois_va_zquez,_son_ti_man~a_,_mirame_result
photo_camera "Son tí mañán, mirame", de Xosé Lois Vázquez.

Estes autorretratos teñen unha componente narcisista, e tamén psicolóxica

Ourense en festas é o autorretrato de nós, como cidade. Cara afora, mais sempre cara nosoutros. Como somos, así somos, espello e ante o espello. Hai nelo unha ponte, se a sabemos ver, esencial e sutil a un tempo... mais como nos queremos amosar, cal é a imaxe que proxectamos? Dende elo, vamos á exposición 'aOUtorretratos', que parte do xogo dende o concepto artificioso de Ourense adscrito aos creadores das artes que andan/son deiquí abaixo, desta terra sen mar...  Hai quen informa do que fai, e onde (Núñez: Nerón), ao retratarse coa cámara contra un espello dun interior doméstico e unha paisaxe mariña en sobre impresión; mais tamén está o amosarse, escollendo un plano americano (Novo, Lorenzo), un primeiro plano (Seo: Camaleón; Taboada; Riomao; Karballo), e un primeirísimo plano (Devane: Os veo), e o paso dos anos, o cambio da face en fotos (Seoane: Itinerario).

Outros son os que prefiren xogar co perfil (Osorio) e o desenfoque (José Paz: Paisaje, Nóvoa: Ego expansivo; Torres). O autorretrato dende un momento biográfico significativo, acabado de chegar a Europa (Ritchie: Berlin 1990), unha teima (Repani: soño con pantera negra), no canto de regresar aos pinceis (Vilamoure: Otocerum bleu). Tamén se pode ver aqueles que fan unha construción de seu, dende o seu, que é a arte (Poldras: o coro, a sazón, conduce ós contos), dende un Capricho de Goya, e a Danza de Matisse (tamén Otero), ou cociñando a arte (Huete: Contracanon). E facelo expoñéndose no cuarto-salón-cociña (Blanco), ou a biblioteca, peneirando imaxes con recoñecibles libros ateigando os andeis (Roca). Entre as auto-narrativas, coa ironía na base, a pose de diletante que mira para un cadro no museo, substituíndose ás veces nesta acción por un moneco para distanciarse de si mesmo, dende o xogo, nunha fuxida deles mesmos e dos demais. Eis unha banalidade, ou máis ben queren comunicarnos que dende a altura das súas idades non acertan a coñecerse? Elo é o que parece, realmente. Estes autorretratos teñen sempre unha compoñente narcisista, e psicolóxica, pois máis que a beleza da fermosura teñen a da fondura da representación da personalidade. A fotoinstalación de Xosé Lois Vázquez (Son ti mañá, mírame!), con soporte translúcido impreso retroiluminado e a 'carta do ladrillita', texto-manifesto, é a máis crible de todas.


Sen descurso explícito


A exposición presentase sen discurso explícito por parte dos curadores da expo, A. Caporale e Seoane, no canto das premisas da mostra, que hai quen manda un dos seus traballos; e o método para xuntarse. Inseridos polo nome no libro-catálogo, irregular e coa ausencia de biografías, unha morea de homes, na maioría, escorada cara Allariz... Como se pintaría y esculpirían Alexandro, Catoira, Barreira, como o farían Ignacio Basallo, Santeiro, Xurxo Oro, Miguel Mosquera, 'Cochorro', Pachón ou Ramón Conde, Xosé Cid, César Prada, Leandro Sánchez, César Taboada, De Prada, Lola Veiras, Manolo de Buciños, como o fixeron os Quessada, pai e fillo,... como o faría Vidal Souto ou Manuel Vidal, Rafael Cachaldora, Carmucha Vázquez Prats, Ana Iglesias, Cruz López-Viso, Encarna Pérez Mugüerza, Elena Iglesias Malleira, Tamara Feijoo, Ehlaba Carballo, Ana Skette, David Rubín e Marcos Viso, Isabell Seidel... 

Te puede interesar