ceip vistahermosa

Aves de diversas especies, no cole

OURENSE (CEIP VISTA HERMOSA). 03/05/2018. OURENSE. Grabación del programa Xornal Escolar en el CEIP de Vista Hermosa, en el que estudian las fases de huevos de varias especies de aves. FOTO: ÓSCAR PINAL.

No CEIP Vistahermosa están a traballar a reprodución de animais ovíparos dun xeito práctico. Os propios escolares trouxeron os ovos, controlaron os tempos de incubación e agora coidan das novas aves 

Non hai mellor maneira de coñecer ben un tema ou profundar en aspectos teóricos adquiridos na aula que mediante a práctica. Así o pensaron no CEIP Vistahermosa á hora de estudar o proceso de reprodución dos animais ovíparos. Así e coa axuda dos profesores e unha incubadora, os escolares puxéronse mans á obra para coidar eles mesmos os ovos de aves de distintas especies como galiñas, parrulos, ocas, perdices ou paspallás. Os escolares foron os encargados de achegar ao centro os distintos ovos de diferentes tamaños e especies e, polo tanto, de diferente tempo de incubación.

A incubadora fai boa parte do traballo, como por exemplo mover os ovos para que os embrións non se peguen ás paredes. No caso das galiñas, este proceso o fan coas ás e o pico. Outra parte do proceso corre a cargo dos escolares e profesores, como por exemplo humedecer coa axuda dun spray, a galiña faino coa súa propia suor. 

No tocante ao tempo de incubación, varía segundo a especie. Así, o desenvolvemento das crías do paspallás precisa de 16 días; a das galiñas, de 21 días; as perdices precisan 24 ou 25 días; os parrulos 28 días; e a oca común 30 días. Para levar ben a conta, no CEIP Vistahermosa recorren a unha gráfica onde marcan cada día e a evolución de cada un dos ovos. 

Ademais de coñecer este proceso de reprodución animal, a actividade está a ser de gran utilidade para que os nenos e nenas sexan coñecedores do traballo que supón ter animais en boas condicións e tamén para que aprendan a facerse responsables deles. Durante o tempo no que se prolongou esta actividade, os alumnos durante un par de horas á semana tiveron a responsabilidade de limpar e coidar a cada unha das especies. Os poliños ficarán no centro e o resto das aves regresarán a aqueles que lles proporcionaron os ovos.


ACTIVIDADE MULTIDISCIPLINAR


O proxecto dos poliños está a ser unha completísima actividade na que os escolares están a aprender moitas máis cousas do que pensaban nun primeiro momento. 

Por unha banda estudaron o que é puramente a reprodución e os tempos de membranas dos ovos, tamén diseccionaron a algúns poliños que apareceron mortos, xunto á mestra de ciencias e aprenderon o tempo de incubación que precisa cada especie. 

Tamén traballaron os volumes en matemáticas, coa construción do galiñeiro que acollerá a partir de agora aos novos habitantes do colexio. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?