Grupos de 4 persoas e límite de tempo no cemiterio, así será o Día de Difuntos en Barbadás

Recomendacións dende a corporación municipal para garantir a seguridade sanitaria

Co Día de Defuntos á volta da esquina, os concellos da provincia seguen adoptando normas e recomendacións para garantir a seguridade sanitaria en plena pandemia. Neste caso, Barbadás publicou un bando no que detalla as medidas para seguir para uns días de moito tránsito nos cemiterios. Desde o Concello recomendan os protocolos fixados pola Xunta de Galicia:

  • Evitar o contacto físico e cumprir a medida de mantemento da distancia de seguridade interpersoal establecida, alomenos 1,5 metros.
  • Cumpriranse as medidas de limitación de agrupacións de persoas establecidas polas autoridades sanitarias.
  • Seguirase a normativa en canto ao emprego obrigatorio de máscara cirúrxica/hixiénica.
  • Non se poderá fumar na vía pública ou en espazos o aire libre cando non se poda resspectar unha  distancia mínima interpersoal de, alomenos 2 metros.
  • Realizarase unha adecuada hixiene de mans e hixiene respiratoria.
  • Asegurarase a dispoñibilidade de dispensadores de solución/xel hidroalcohólico ou antisépticos para uso dos traballadores e visitantes en distintos puntos do recinto, sobre todo nos de maior concurrencia.
  • Ampliar os horarios de apertura dos cemiterios para evitar aglomeracións.
  • Respectar un aforo máximo dunha persoa por cada catro metros cadrados de espazo computable de superficie do recinto, establecendo un sistema para o seu control. De haber aseos, a súa ocupación máxima será dunha persoa para espazos de ata 4m2, salvo naqueles supostos de persoas que podan precisar asistencia.
  • Máximo de 4 persoas por grupo de visitas do mesmo grupo familiar/convivintes, sendo a duración o máis breve posible e non superior a 30 minutos en nigún caso.
  • Establecer circuítos diferenciados de entrada e saída do recinto.
  • Se existe aparcadoiro, organizarase evitando aglomeracións de persoas.
  • Establecer pautas de limpeza e desinfección daquelas superficies que podan ser obxecto de contacto das mans dos visitantes.
  • Os aseos contarán con dispensador de xabón e papel de secado.
  • Garantir un número adecuado de contedores para depositar os residuos xerados, que deberán estar abertos ou doutados de pedal de apertura.

 

Te puede interesar