Beariz destina 50.000 euros ao arranxo da rúa Benito Taboas

As actuacións basicamente consistiron na execución do revestimiento con formigón das cunetas para a evacuación de augas superficiais

Un convenio entre a Axencia Galega de infraestruturas e o Concello de Beariz facilitou as obras de acondicionado da rúa Benito Taboas por importe de 50.000 euros. Esta rúa, integrada no núcleo urbano de Beariz, transcorre paralela á estrada autonómica constituíndo un vial alternativo para o tráfico da devandita estrada, e estaba moi deteriorada.

As actuacións basicamente consistiron na execución do revestimiento con formigón das cunetas para a evacuación de augas superficiais de modo que o tráfico sexa máis adecuado e minimizase o deterioro do firme, ademais do aglomerado para posteriormente proceder á sinalización vial. A lonxitude  é de 400 metros.

Te puede interesar