Infraestruturas

Beariz mellora os camiños en As Santas, Doade e Magros

O Concello invertirá 61.827 euros contando con financiación de Agader e da deputación

Dentro do plan de mellora de camiños municipais, o Concello de Beariz vai acometer unha actuación na localidade de Magros, cun presuposto de 29.827 euros, obra subvencionada na súa maior parte por Agader (Axencia Galega de Desenvolvemento do Rural).

A intervención levarase a cabo nunha superficie de 4.794 metros cuadrados que está bastante deteriorada e que arranca da estrada Brués – Portela da Cruz, pasando pola praia fluvial ata o pobo de Magros. 

Procederase á limpeza das cunetas e ao bacheo do firme con pedra nas zonas que sexa necesario para acto seguido realizar unha mellora da plataforma do camiño cun tratamento de dobre rega asfáltica. 

Por outra banda, dentro do Plan de Obras da Deputación Provincial figura o proxecto de ensanche e acondicionamento de camiños en As Santas e Doade, cun orzamento de 32.000 euros. O proxecto inclúe en Doade a construción de muros con pedra de cachotería para evitar o desprendemento dos muros existentes.

Te puede interesar