Actividades

A Biblioteca lembra a Rosalía de Castro con talleres infantís

As actividades comezaron o pasado 21 e quedan pendentes dous obradoiros, o 28 e o 29 de febreiro

A Biblioteca pública municipal de Carballiño celebra a semana da escritora Rosalía de Castro con catro obradoiros. A actividade comezou o pasado venres e aínda están previstos dous talleres dedicados aos nenos, un deles co título "Coñecendo a Rosalía", que se desenvolverá o próximo día 28, ás 18,00 horas; e outro tamén infantil, programado para o día seguinte, 29 de febreiro, denominado "Eu tamén son Rosalía", que terá lugar ás 12,00 horas.

A programación con motivo da conmemoración da Semana de Rosalía de Castro comezaba o pasado día 21 deste mes de febreiro coa actividade "Xogando con Rosalía, e continuaba o 24 do mesmo mes co obradoiro "Carautas Rosalía".

A concellería de Cultura do Carballiño organiza estas actividades dirixidas aos nenos coas que se da a coñecer á escritora profundizando na súa vida e obra a través de xogos.

Reforma

A Biblioteca pública municipal acaba de ser reformada, mellorando as súas instalacións. O Concello habilitou a primeira sala de estudo aproveitando a planta baixa que estaba en desuso, dando resposta a unha demanda dos estudantes.

Por outra banda, procedeuse a sustituir toda a carpintería exterior para aislar mellor o edificio e a instalar unha nova calefacción. O concello prevé dedicar en próximas datas a última planta a casa da xuventude.

Te puede interesar