A Biblioteca de Verín poñerá os libros prestados en cuarentena

No que se que atinxe aos préstamos de libros, as persoas interesadas en solicitar exemplares poderán consultar no Catálogo da Biblioteca Municipal de Verín -o enderezo web é www.bibliotecadeverin.es apartado OPAC- os libros dispoñibles

A vila de Verín recupera pouco a pouco a súa normalidade. Precisamente, un dos espazos máis senlleiros, a Biblioteca Municipal, reabrirá as súas portas hoxe luns, día 1 de xuño, para préstamo e devolución de exemplares literarios. Eso si, haberá varias medidas de seguridade co obxectivo de frear a propagación do covid-19. 

Por unha banda, os libros que sexan devoltos a esta entidade a partir deste momento pasarán unha corentena de 14 días antes de estar dispoñibles novamente para outros usuarios, segundo indicaron os responsables das instalacións. A devolución dos libros poderase realizar  no horario habitual da biblioteca verinesa, é dicir, de 10,00 horas a 13,30 horas, e de 16,30 a 19,30 horas. 


Franxas para maiores


Por outro lado e tal e como adiantaron dende a Biblioteca Municipal, quedarán reservadas de modo exclusivo para as persoas maiores as franxas horarias que van dende as 11,30 horas, ás 12,30 horas; e de 18,30 horas, ás 19,30 horas. 

No que se que atinxe aos préstamos de libros, as persoas interesadas en solicitar exemplares poderán consultar no Catálogo da Biblioteca Municipal de Verín -o enderezo web é www.bibliotecadeverin.es apartado OPAC- os libros dispoñibles. 

Por último, unha vez feita a solicitude de reserva, o usuario recibirá automáticamente unha cita previa para recoller o libro ou libros seleccionados e poderá acudir a buscalos, eso si, cumplindo con todas as medidas de seguridade.

Te puede interesar