CONCELLO

O BNG arremete contra o alcalde polo estado dos hórreos de Loiro

Loiro (Barbadás). 18/02/2021. Veciños descontentos coa reabilitación de canastros cedidos ao concello na aldea de Loiro. 
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os hórreos, trala súa criticada rehabilitación (XESÚS FARIÑAS).

Continúa a polémica trala rehabilitación dos canastros da Aira da Uxeira, en Loiro (Barbadás).

O BNG aclarou onte en rolda de prensa que, se ben o responsable da elaboración deste proxecto foi Xosé Manuel Fírvida (BNG), tenente de alcalde no anterior mandato, "a súa execución foi posterior ás eleccións municipais", que provocaron a marcha do partido nacionalista do goberno. 

Polo tanto, atribúen ao alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, "unha actitude mentirosa, covarde e neglixente", por atribuír a Fírvida a xestión das obras. "El é coñecedor de que a obra se executou no segundo semestre do ano, cando o BNG xa non formaba parte do goberno", aseguran. Ademais, o grupo nacionalista realizou o pasado domingo unha asemblea na parroquia "onde demostramos á veciñanza que a execución final da obra non se corresponde ao proxecto aprobado e adxudicado polo Concello", defenden. 

Te puede interesar