O BNG de Cea pide a incorporación de un secretario municipal

O grupo municipal do BNG de San Cristovo de Cea afirma que desde fai algo máis de catro meses o Concello non dispón de secretario-interventor debido á enfermidade e posterior pasamento do anterior. Os nacionalistas destacan que "estamos diante do cargo máis importante dentro do organigrama municipal e cuia presenza é obrigada para todas as corporacións locais". Nese sentido, reclaman que o goberno local tome as medidas necesarias para solucionar esta carencia, porque  "a súa ausencia, propicia a ralentización da acción municipal e dos procedementos e expedientes en marcha, así como que se poida executar unha fiscalización da acción municipal axeitada e solvente", sinala.

Te puede interesar