O BNG demanda á Xunta unha motobomba para A Rúa

Noa Presas calificou de "mercadeo" o reparto de este tipo de vehículos por parte da Xunta de Galicia

n n n A cabeza de lista do BNG por Ourense, Noa Presas, mostrou a súa preocupación polo escaso material de recursos materiais e humanos nos concellos da provincia e con especial atención na zona de Valdeorras, "un punto estratéxico" á hora da prevención e extinción dos incendios. 

Segundo Presas, o reparto de material e medios humanos non atende á realidade xeográfica da provincia e isto provoca que vilas como A Rúa non posúan a día de hoxe unha motobomba. Presas comprometeuse a poñer os medios necesarios a partir do 12 de xuño para que o reparto de material sexa en base a criterios obxectivos e eliminando o "mercadeo" que, segundo o BNG, a Xunta fai coas motobombas. 

Os nacionalistas lembraron que levan máis de cinco anos loitando, tanto a nivel local como no Parlamento, para que se dote a este concello dun vehículo especializado. Desde o BNG sinalaron que continuarán a exercer presión política para que esta carencia de medios remate e lembrou que a base de Vilanova só se reabriu "por unha forte presión social e política".

Te puede interesar