Imprimir

O BNG lamenta que O Ribeiro non entre no acordo de China

Redacción | Ribadavia | 06 de diciembre de 2019

Asegura este grupo da oposición que no acordo comercial entre a UE e china non se ten en conta esta denominación

O grupo municipal do BNG de Ribadavia afirma que O Ribeiro está a ser prexudicado pola suba de aranceis decretada polos Estados Unidos aos viños do Estado español "pero non aparece no acordo entre a Unión Europea e China que recolle que 23 denominacións de orixe de viños do Estado Español pasen a estar amparadas no xigante asiático". O acordo entrará en vigor a partir da segunda metade de 2020 e facilitará a protección recíproca entre a UE e China, das denominacións de orixe para evitar o rexistro e comercialización de marcas que poidan confundir e falsificar a orixe dos produtos con denominación.

"Ningunha comarca conta con máis conselleiros, deputados e senadores por quilómetro cadrado co Ribeiro. Os feitos demostran que non nos vale de nada. No acordo comercial entre a Unión Europea e China, non hai quen faga valer O Ribeiro", manifesta o BNG. Asegura que permanece ausente e non está recoñecido nin entre as 23 denominacións de orixe de viño máis importantes do Estado.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/bng-lamenta-ribeiro-non-acordo-china/20191206084324911034.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons