O CEIP de Ribadavia acolleu onte unha xuntanza convocada pola dirección do centro á que asistiron, entre outros, os grupos políticos municipais. En dita reunión a dirección do centro educativo informou dunha proposta para pechar o colexio da Alameda para o próximo curso, trasladando ao alumnado para a concentración escolar, "así como da previsión de seguir reducindo o número de aulas de Infantil, tal e como xa ocorrera neste curso", segundo sinala o grupo municipal do BNG, asegurando que "non admitimos o peche do colexio da Alameda".
Engade que durante anos a Consellería de Educación "non se preocupou de reformar as instalacións do colexio da Alameda", e afirma que "estamos dispostos para reivindicar o mantemento dos servizos públicos en Ribadavia. Se o queremos evitar, o exemplo de Verín está recente e próximo, depende de nós como pobo", instando aos veciños a protestar contra o peche.