O BNG pide que a Xunta compense o "desmantelamento cultural" promovido desde o concello de Ourense

photo_camera Iago Tabarés, María G. Albert e Noa Presas.
"Non, á razón non é sanitaria, que podería ser discutible e entendible, senón de política anti-cultural", señalan.

O Grupo parlamentar do BNG no Parlamento galego ven de rexistrar varias iniciativas reclamándolle á Xunta de Galiza incrementar a súa actividade e programación cultural na cidade de Ourense de xeito que contribúa a paliar o "desmantelamento" promovido polo actual alcalde Gonzálo Pérez Jácome, quen propón o cambio de usos da Sala Valente, o traslado do Museo Municipal para transformalo nun edifico administrativo ou mesmo renunciando a elaborar a programación cultural do primeiro trimentre do ano.

Lembran os nacionalistas que ningunha das decisións mencionadas ten a súa “xustificación” en razóns sanitarias, xa que, pese a que o prioritario é a adopción de medidas preventivas que impidan ou limiten as posibilidades de transmisión do virus, consonte a información publicada,  os cines, teatros, ou museos, non semellan ser lugares nos que se estea a producir un relevante número de contaxios. "Non, á razón non é sanitaria, que podería ser discutible e entendible, senón de política anti-cultural", señalan.

Para o BNG resulta "particularmente ferinte" que sexa na cidade outrora cerne da actividade de creación intelectual e artística do país a que está a sufrir con "inusitada crueza unha drástica eliminación dos espazos de exhibición das expresións culturais", coa agravante de que ven coincidir co centenario do inicio da actividade dunha das expresións culturais máis senlleiras da historia de Galiza, como foi a fundación da Revista Nós.

Te puede interesar