Política

O BNG rexeita a convocatoria en Cenlle de plenos extraordinarios

Consideran que o goberno local celebra demasiados plenos extraordinarios e instan ao alcalde a incluir os asuntos nas sesións ordinarias 

O grupo municipal do BNG de Cenlle considera que o alcalde, Gabriel Alén, convoca demasiados plenos extraordinarios, tendo en conta que este luns celebrouse a segunda sesión extraordinaria en oito días, segundo apuntan.

"Isto deixa de manifesto que existe unha falta de axenda e previsión política notoria por parte do goberno municipal", considerando que os temas a tratar deberían terse previsto e incorporado á orde do día dos plenos ordinarios.

O BNG afirma que isto interfire moi seriamente no dereito de participación política dos membros da corporación. "Os representantes da veciñanza de Cenlle son traballadores que deciden dedicarse á política sen aspiracións profesionais nin na procura de lucro, polo que a convocatoria recurrente supón un serio atranco para a presenza da oposición na toma de decisións do goberno".

Aforro

Tamén califican os nacionalistas de "importantísimo" destacar que esta práctica supón "unha seria afronta aos intereses da veciñanza, que lle está custando ás arcas municipais 540 euros por pleno, o que se debe evitar cunha xestión máis responsable".

Nese sentido, instan ao alcalde a incluir os asuntos nas sesións ordinarias e aforrar ese diñeiro para invertilo nas necesidades do municipio.

Te puede interesar