emprego

A Bola contrata persoal para o programa de conciliación

Os interesados en participar no proceso de contratación poderán presentar a súa solicitude ata o martes e deberán facelo no rexistro xeral do Concell

O Concello da Bola ven de aprobar as bases para o proceso de selección e posterior contratación dun técnico e dous monitores para o programa de fomento da conciliación. O contrato terá unha duración determinada ata o 30 de setembro deste mesmo ano e os candidatos finalmente seleccionados terán categoría de persoal laboral temporal dentro do Concello. 

Os interesados en participar no proceso de contratación poderán presentar a súa solicitude ata o martes e deberán facelo no rexistro xeral do Concello en horario de 9 a 14 horas ou mediante calquera dos métodos amparados pola lei. As bases de contratación están disponibles nas propias oficinas da casa consistorial para que os interesados poidan consultalas.

Te puede interesar