Imprimir

A bolboretiña do día | Linguaxe deportiva

Afonso Vázquez-Monxardín | 16 de octubre de 2020

A palabra deporte discuten se vén do latín “deportar” -marchar fóra da cidade- ou dun francés mediterráneo onde estivadores de Marsella ían ou volvían correndo “du port” por ver quen lle “ía” aos outros. En calquera caso, o vocabulario deportivo adoita ser común a case todas as linguas. Fútbol, ou football, soan case igual. Ás veces, hai adaptacións que triunfan pouco -balompé- ou moito, calcio en italiano. Curioso é que os portugueses digan futebol -para non deixar unha sílaba que acabe en -t e corrompan a palabra inglesa para balonmán (handball) ata diciren andabol, que para nós resulta incomprensible. 

E si, igual que en castelán hai, para non repetirse, media ducia de palabras para lle chamaren ao porteiro (portero, guardemeta, arquero, cancerbero, e en América guardavallas, guardamallas...), tamén en galego podemos escoller. Primeiro, claro, porteiro, porque garda unha porta, pero tamén esoutras que pon de moda a televisión: gardameta, gardarredes... o de “cancerbeiro” non está ben. O can de tres cabezas que gardaba o inferno chamábase en grego Cérbero, forma que recomenda a RAG cos porteiros deportivos, aínda que se faga rara. Os portugués úsana pouco, pero así.  A verdade, como non falo moito do tema, tanto me ten.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/cultura/bolboretina-do-dia-linguaxe-deportiva/20201015235226978962.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons