N egar, afirmar... o que se nos dá ben é o terreo intermedio, a dúbida. De querermos usar partículas enxebres, temos ben onde escoller. “Seica”, moito mellor que “parece ser”, cun matiz de distancia.
-Seica vai haber novas eleccións.
-Seica si.
-Galicia ten, seica, mil douscentos quilómetros de costa. (Non son quen de afirmalo rotundamente, non os medín eu.)
Para a maioría dos usos de seica, tamén “disque”. “Disque vai vir o verán adiantado”. Outro: “se cadra”, máis enxebre que “talvez”.
–Se cadra vou a Vigo o sábado.
-Vou acabar que, se cadra, os canso e non quero.