A bolboretiña do día | Quentar e quecer

2020080713091013199

As linguas non son fotocopias. Cada unha ten o seu xeito para dicir as cousas. Así en castelán teñen un verbo, calentar, onde nós temos dous complementarios, quentar e quecer. 

Para nós, quentar é aplicar unha fonte de calor a algo desde fóra (“Quentei o leite á maña para o almorzo”) e como consecuencia, esa cousa, ve medrar a súa temperatura, ou sexa, quece. (O leite queceu de máis e botouse fóra). Pero tamén poderiamos dicir, “En Ourense, no verán, quécese” porque nos quenta —e a fartar— o sol. 

E sábeno ben vostedes.

Te puede interesar