Cultura

A bolboretiña do día: o sal e o mel

Olatín tiña tres xéneros, masculino, feminino e neutro. Pero nós, en galego e castelán, case só temos dous, e o reparto entre masculino e feminino dos neutros, non foi sempre igual entre as linguas latinas. E incluso hai algunhas que dubidaban -tipo el calor y la calor, en castelán- e desde as Academias se decidiu darlle un impulsiño para aquí ou para alá. Outras non teñen dúbida ningunha. Así nós dicimos “O leite”, “ o mel”, “o sal”... e estas tres, son para os da fala castelá, femininas. (En italiano son as tres masculinas e en francés só mel é feminino). Temos que distinguir, pois, e falar ben as dúas linguas. Non digamos nunca “A leite estaba fría” nin “Le echó mucho sal a la comida”. A cada lingua o seu.

Te puede interesar