Cartas al director

Botarse ó monte

Se algo teño claro é que moitos galegos seguemos a ser "de monte". É a nosa oríxe e o noso destino cando non hai quen entenda nada (por se acaso…). Hai tempo que vivimos nun entorno social moi volátil e mudante. Unha sociedade decadente que fuxe cara adiante coma un polo sen cabeza. E o peor é que non o sabe (coma o polo). Cando as cousas se poñen "raras" estase mellor na aldea: o monte a día de hoxe. Cantos o intentan e non perduran. Moitos porfían e pouco duran. Ermitaños, hippies, neorrurais con etiqueta (de toda clase de tribus urbáns) que se botan ó monte coma un xeito de fuxir. Pero o único que fuxe é o tempo (e os ventos…). Xente nova, moito fume e pouco lume... por sorte: Para fume e lume o dos montes. Sería unha mágoa que xa non quedara lugar onde fuxir. Aínda que sexa por unha tarde, un fin de semán, uns días. A eses urbanitas fartos de estar de seguido aturando a milleiros de acompañantes anónimos e cabreados.  Mergullados (e perdidos) en mareas/moreas de xente buscan a paz, a coherencia, o norte. Coma o polo, buscando a cabeza, o seu lugar no universo. Pouco duran, pero alegran moito. Os poucos que nas aldeas e lugares quedamos o facemos porque o rural (ó monte de hoxe) ten algunha cousa que non hai nas ciudades e vilas. Cada ún de nós garda este motivo coma un tesouro, un segredo oculto (libertade, calidade de vida, búsqueda de vida intelixente, casa e amigos, traballo, familia…). Hai tantos como poboadores do rural. Pero, dende logo, se aspiramos a algo máis que dar unha volta polo monte (cousa moi boa de por si) temos que ter ben claro ese motivo. E… gardalo para ún. Non vaia ser que nolo rouben ou "tomen prestado".  Hai moito experto (sociólogos especialmente) sedento de respostas  e de sondar "novas" tendencias. Os que estamos no monte dende hai moito non adoitamos facer moitas preguntas, nen prediccións, nen declaracións de intencións. O tempo dirá deixa que xa  Botouse ó monte, algo faría, quen sabe, igual van e recuperan a cabeza, (coma o polo xa citado), e deixan de fuxir. Quen sabe? Nós, entanto, seguemos a velos pasar polo monte. Moitos apurados, concentrados algúns, equipados para unha guerra, como competindo por ver quen é o máis "guay" Como se eso no monte valera para algo, Porque o máis importante e ter cabesiña, (en calquera tempo e lugar). Preguntádelle ó polo aquél, a ver o que vos dí, Nós non facemos tantas preguntas. Algo lle pasaría, non? E sempre valerá para comer, digo eu (o polo, que logo falan da Galicia caníbal). Pero estou segurísimo que máis dun "repunantiño", viaxando polo interior (da provincia e de seu propio) pode recuperar a cabesiña e algo o norte. Aínda que non se queden, que para eso xa estamos os de sempre. Por algo será.