Imprimir

"Calpurnias", mulleres poetas ourensás

Marina Sánchez Soto |

La Región | 08 de marzo de 2019

Nace este libro de auga que se nos abre entre as mans como una porta dimensional que conduce ás entrañas da Burga Nai. Alí habitan estas ninfas-poetas lanzando como dardos os seus versos na língua nai. Amamantadas pola Terra, a choiva, as fragas, a saudade, o amor, a infancia e o compromiso coa palabra, chorarán sobre a derrota e a inxustiza, sobre o abandono e a pena, para limparlle as larafuzas a este mundo inxusto e desigual , ás veces desaprensivo, cruel e inhumano. Co resplandor das súas bágoas coroarán de diamantinas flores á muller, á femia, á matria, á rosa deste seu paraíso lírico. Nacen as Calpurnias mollándoo todo, regándoo todo coa súa auga máxica.

Dez poetas ourensás: Yolanda López, Alba Cid, Rosa Enríquez, Arancha Nogueira, Rochi Nóvoa, Celia Parra, Chus Pato, Raida Rodríguez, Montse Villar e Marina Sánchez, acompañadas da Editorial Cuestión de Belleza, presentamos este libro no Liceo hoxe sábado ás 20 horas.
Nacen para ti, [email protected] [email protected], 10 formas de sentir e amar, de clamar e soñar, de acompañarte e entregarche as súas pequenas loitas, feridas ou ilusionadas. Estas somos. Aquí estamos as Calpurnias do século XXI, evocadoras daquela que lle daba as grazas por curala, ó poder das augas termais desta nosa Auria de ouro.

Calpurnias. Mulleres que se bañaron un día no seu acuático universo e invocaron á lúa -cómplice do seu sentir- e quedaron prendadas para sempre -ensoñadas- nas laberínticas ondas dos pensamentos… dos latexos… dos amores…
Longa vida, poetas.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/opinion/marina-sanchez-soto/calpurnias-mulleres-poetas-ourensas/20190308204011859136.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons