Imprimir

O Campus da Auga contará cun edificio operativo en 2017

C.R. | 18 de diciembre de 2014

Jesús Vázquez Abad, na sinatura do convenio xunto con Salustiano Mato.
Jesús Vázquez Abad, na sinatura do convenio xunto con Salustiano Mato.

Universidade e Xunta asinaron un convenio por un importe de 4,5 millóns

Paso definitivo para facer realidade o Campus da Auga. Universidade de Vigo e Xunta de Galicia asinaron en Ourense un convenio de colaboración para a construción e desenvolvemento do edificio que albergará a sede e as instalacións deste campus de especialización, un centro de preto de 3.600 metros cadrados que se construirá na parcela situada entre a piscina e o Edificio Xurídico-Empresarial na zona sur do campus de Ourense. En total, un investimento de 4,5 millóns de euros para un edificio que contará con 1.000 metros cadrados de laboratorios e plantas piloto con equipamento específico nos que dar acubillo aos 40 grupos con 341 investigadores que xa están a desenvolver as súas liñas de traballo arredor da temática da auga. O centro albergará ademais a sede corporativa do Campus da Auga, o centro de supercomputación, aparcadoiro e 900 metros cadrados dedicados a usos xenéricos, como reunións ou intercambios empresariais.

Coa sinatura deste convenio ponse fin a unha etapa iniciada en 2012 e que agora continúa cos traballos preparatorios para que en 2015 estea finalizado o proxecto de construción, que sairá a concurso o vindeiro ano e co que se espera ter rematadas as obras en 2017. “Deste xeito acaba o proceso co que se iniciaba un camiño de futuro prometedor non só para o campus de Ourense, senón para a cidade e a provincia”, asegurou Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/universitas/campus-da-auga-contara-cun-edificio-operativo-2017/20141218132537511416.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons