A fala dos vellos

A bolboretiña do dia | Cantábamos ou cantabamos?

descarga_resultado
As dúas están vivas no galego oral. A liña divisoria entre unha forma e outra vén, máis ou menos, pola metade de Galicia en horizontal. Así, os de arriba -Lugo, Coruña e por aí- dirían “cantábamos” coa mesma acentuación do castelán- e nós, os de abaixo, “cantabamos”, “faciamos”, “diciamos”, etc. como dicían en latín e como se conserva en sardo e noutras linguas latinas e que é a forma que quedou como estándar, ou sexa, a escollida para o galego común coidado. Curiosamente, no portugués estándar volveron pola acentuación á castelá, como en tantas cousas. Porque o portugués está cheo de castelanismos. Sen ir máis alá, o de “señoras e cavalheiros” co que comezan as conferencias... Gústame máis o noso clásico, de “miñas donas, meus señores”, que sabe a xeración Nós.

Te puede interesar