Imprimir

A Casa dos Poetas acolle un novo traballo sobre Celso Emilio

Redacción | 29 de Abril de 2014

 A Casa dos Poetas de Celanova acollerá, este venres día 2 de maio, a presentación dun novo traballo entorno a figura dun dos escritores locai máis recoñecidos, Celso Emilio Ferreiro.

 O tamén celanovés, Aser Álvarez, presentará "102 testemuños de aniversario. 50% CEF, o poeta da vida". O doble DVD inclúe, á súa vez, o documental "100% CEF" que Álvarez rodou con familaires, amigos e seguidores do poeta no ano 2012. O acto, aberto a tódolos públicos, comenzará ás 20,30 horas.

Ese mesmo día está prevista, por parte da Fundación Curros Enríquez, a apertura da exposición "XXV Aniversario do Premio Eusebio Lorenzo Baleirón" organizada polo Concello de Dodro. A mostra itinerante cos gañadores do certamen poético poderase visitar durante todo o mes de maio de martes a sábado de 11,00 a 13,30 e de 16,00 a 19,00 horas (festivos só en horario mañá).

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/celanova/casa-poetas-acolle-novo-traballo-celso-emilio/20140429100852461440.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons