Imprimir

A bolboretiña do día | Catorcecentos noventa e dous

Afonso Vázquez-Monxardín | 27 de junio de 2020

U n meu alumno, enxebre e boa xente e que lembro viña dunha aldea da serra do Suído, pola parte de Boborás, Avión ou Bearíz, hai moitos anos, tal que trinta e moitos, pois foi o primeiro ano que daba eu clases no Carballiño, tiña un galego moi de seu. Á parte de preguntar se podía escribir en “rubio” nos exames -cousa coñecida e minoritaria- dicía as cifras dun xeito totalmente inaudito para min. Para el, Colón descubrira América no “catorcecentos noventa e dous”, e a batalla das Navas de Tolosa fora no “docecentos doce”. 

E dicía que na súa aldea todos contaban así, por centos. Como se fosen pementos ou sardiñas. (Isto dígoo eu, que non el.) O certo é que nunca tal cousa oíra nin volvín oír. En calquera caso, só unha curiosidade.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/cultura/catorcecentos-noventa-dous/20200626231428955501.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons