Ganadora do Certame Pura e Dora Vázquez de narración

CELIA DÍAZ NÚÑEZ: 'As veces escríbese de xeito excesivamente infantil'

Celia Díaz Núñez
O dela foi o nome que inaugurou a lista de ganadores do premio Pura e Dora Vázquez na primeira edición. Onte resultou vencedora da novena convocatoria do certame de literatura xuvenil con 'Rugando'.
Pódenos dar unha pista do que conta en Rugando?
É unha historia fantástica que se desenvolve nun escenario real, en Rugando, no concello de Quiroga (Lugo). Alí houbo hai tempo unha ferreiría, que hoxe é unha casa de turismo rural. Estructúrase en dúas partes. A primeira sucede no presente con tres rapaces que visitan a casa. A segunda é dun monxe do mosteiro de Samos encargado da ferreiría. No epílogo únense ámbalas dúas historias.

Creo que é interesante que o propio ilustrador imaxine, pero se me pide axuda, intentarei guialo. O personaxe do monxe, en particular, é moi característico e a súa forma de ser xa dá bastantes pistas.

Foi vencedora na primeira edición. Que gardan en común as dúas historias?
Con esta levaba moitos anos, fíxena e refíxena. Ó rematala estaba aberto o prazo para este premio, pero non contaba repetir. Hai certas similitudes, porque as dúas ocorren en escenarios rurais, pero no fondo non teñen moito que ver. Aquela era totalmente fantástica e esta ten unha base documental.

Como é o proceso de escritura para un público xuvenil?
Eu non sabería dicir, neste caso tiven en mente a un lector rapaz, non moi pequeno. Ás veces creo que se acaba sendo excesivamente infantil e trátase de escribir tamén con naturalidade. Obviamente, as estructuras non poden ser moi rebuscadas, pero os rapaces entenden ben.

Te puede interesar