MUNICIPALES

Celso Carballal, número dos del PP en Carballiño

Celso Carballal asegurou que se incorpora á política municipal para traballar codo con codo, sendo un mais da brigada de obras, para transformala nunha ferramenta o máis moderna e útil posible e resolver con ela, os problemas do pobo e dos veciños.

Celso Carballal Gómez, coñecido empresario durante moitos anos no Carballiño, foi presentado este xoves como número dous da lista do Partido Popular ás próximas eleccións municipais.Arroupado por Rosendo Fernández, secretario xeral do PP de Ourense, e por Argimiro Marnotes, presidente do PP do Carballiño, foi o propio Ricardo Perea, candidato á alcaldía, quen o presentou e o fixo falando del como "unha persoa honrada, traballadora e cercana", cunha experiencia e coñecemento de todo o territorio tanto urbano como rural, e das súas necesidades en infraestruturas. 

"Non pode un alcalde, como no mandato actual, ser o propio concelleiro que xestione o día a día das melloras en obras, pois para iso necesítase unha dedicación especial, e xa non digamos coñecemento e oficio", sinalou Ricardo Perea, que tamén aproveitou para dar uns avances sobre cales van a ser as líneas xerais do programa electoral do PP.

Celso Carballal asegurou que se incorpora á política municipal para traballar codo con codo, sendo un mais da brigada de obras, para transformala nunha ferramenta o máis moderna e útil posible e resolver con ela, os problemas do pobo e dos veciños.

Rosendo Fernández, dixo de Celso Carballal, que o coñece "pola súa firme decisión de incorporarse activamente á política municipal, que xa non é pouco, ver que alguén se aparte dunha zona de confort persoal para dedicarse a mellorar a vida dos veciños".

Te puede interesar