MAGOSTO

Un centro dinámico e cheo de vida

BAÑOS DE MOLGAS OURENSE 10/11/2017, El CEIP de Baños de Molgas se va de magosto
photo_camera Dende o colexio ata os Milagros, os escolares de Baños de Molgas realizaron unha divertida andaina da que tamén foi testemuño Telemiño.

Son numerosas as actividades que organizan ao longo do curso e coas que reforzan o aprendido na aula

A celebración do magosto é unha actividade máis das numerosas que cada curso comparten profesores e alumnos do CEIP Baños de Molgas. Este centro de ensino do rural que este curso conta cun total de 35 alumnos repartidos entre Educación Infantil e Primaria é un centro moi activo. O feito de ser poucos escolares permite que reciban un trato personalizado, esta á sen dúbida unha importante vantaxe. Tamén é máis doado organizar múltiples actividades e así o fan cada curso. Proba delo é que o pasado curso demostraron ser un centro moi activo ao organizar durante os meses lectivos un total de 30 actividades ben diferenciadas. O Concello de Baños de Molgas, o propio centro de ensino e a Anpa son os encargados de organizar un amplo abano de propostas cada curso. Destacan este ano por exemplo as clases de natación ás que acoden en Allariz, conferencias sobre alimentación saudable, charlas sobre acoso escolar e seguridade vial, entre moitas outras propostas entre as que nunca faltan temas de actualidade. Unha das actividades de gran interés é a que consiste en coñecer os pobos do entorno. Deste xeito son os propios escolares os que presentan o seu pobo e as súas peculiaridades ao resto dos compañeiros para que o coñezan.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar