PREMIOS

O Chamoso Lamas premia aos Arquivos Diocesanos

Miguel García, Miguel Ángel González e José Luis Sobrado.
photo_camera Miguel García, Miguel Ángel González e José Luis Sobrado.
O Centro de Estudios quixo xubliñar o papel xogado polos distintos directores na catalogación e no constante labor de captación dos ricos e abondosos fondos cos que conta o legado eclesiástico e que teñen servido para o estudo e elaboración de numerosos traballos realizados ó longo dos anos de vida destas dúas institucións

Miguel Ángel González recolleu este sábado o galardón Torques de Honra do Centro de Estudios Chamoso Lamas de mans do presidente da entidade, Xosé Luis Sobrado, e o secretario, Miguel García, concedido aos Arquivos Catedralicio e Diocesano. No acto, que se celebrou no Restaurante Fuchela, destacouse a importancia destes arquivos na investigación do Carballiño e do Ribeiro. Tamén a súa contribución á catalogación, preservación e difusión do patrimonio documental da diócese, labor que se vén realizando sistematicamente nas últimas décadas.

O Centro de Estudios quixo xubliñar o papel xogado polos distintos directores na catalogación e no constante labor de captación dos ricos e abondosos fondos cos que conta o legado eclesiástico e que teñen servido para o estudo e elaboración de numerosos traballos realizados ó longo dos anos de vida destas dúas institucións.

Ademais, recoñece e agradece a colaboración prestada polo persoal, facendo unha mención moi especial na figura de Miguel Ángel González, actual director.

Te puede interesar