toponimia

Charla en Beariz da campaña Toponimízate da Real Academia

O público poderá familiarizarse coa aplicación colaborativa que permitirá proximamente que a cidadanía participe na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización.

A campaña de divulgación da toponimia Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará  o 15 de novembro a Beariz. O especialista en toponimia Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), impartirá unha charla ás 19,00 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A intervención conta coas achegas, na parte relativa á orixe e significado dos nomes do municipio e das súas parroquias e aldeas, do académico e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza.

O público poderá familiarizarse coa aplicación colaborativa que permitirá proximamente que a cidadanía participe na preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización.

Te puede interesar