cultura

A Cidade da Cultura amosará unha escultura de Monterrei

A peza serviu de eixe para a primeira exposición do museo Claustro Mercedario durante o 2017

A macro exposición "Galicia, un relato no mundo" contará cunha representación da comarca de Monterrei grazas á exhibición da peza Dionisos e Ampelos, actualmente no Museo Claustro Mercedario de Verín. A peza servirá para contextualizar a relación do mundo galaico coa cultura romana e poderá visitarse no Museo do Centro Gaiás, na Cidade da Cultura. 

A réplica do deus do viño, o teatro e a morte, Dionisos, abrazado polo seu amigo, o sátiro Ampelos, serviu de eixe para a primeira exposición do Claustro Mercedario adicada en 2017 á presenza temperá do viño en Monterrei. A imposibilidade de contar coa peza orixinal motivou a súa impresión en 3D para crear unha reproducción exacta do orixinal. 

A mostra estará aberta na Cidade da Cultura dende o 14 de novembro de 2019 ata o 12 de abril de 2020, e a recreación verinesa compartirá espazo con obras de institucións como a Cambridge University-Parker Library, a Biblioteca Apostólica Vaticana ou o Museu de Arqueología de Portugal.

Te puede interesar