cine

Cine Club ofrece tres películas clásicas ao aire libre no Carballiño

A programación continuará mañá mércores con "En el calor de la noche", de Norman Jewson

Cine Club Carballiño ofrece unha nova edición do cine de verán ao aire libre, que comezará hoxe e se prolongará nos días 17 e 18 deste mes de xullo. Co título Flores de Cine proxectará tres películas na Baixada de Flores, en horario de 22,30 horas. 

Este ano, Cine Club Carballiño escolleu tres clásicos como a película prevista para este martes, "Doce hombres sin piedad", do ano 1957. " Doce hombres sin piedad", foi gañadora do Oso de Ouro no Festival de Berlín dese ano e destaca, entre outras cousas, pola memorable actuación de Henry Fonda. 

A programación continuará mañá mércores con "En el calor de la noche", de Norman Jewson, que data do ano 1967, un thriller gañador de cinco Oscar e tres Globos de Ouro. Está protagonizada por Sidney Poitier e Rod Steiger. 

Este ciclo de verán de cine ao aire libre rematará o próximo xoves coa película "La chica del puente", de Patrice Leconte, para moitos unha das grandes películas do ano 1999. 

Cine Club Carballiño é a entidade encargada da organización de Flores de Cine, contando coa colaboración do Concello do Carballiño e do Cineclube Padre Feijoo, de Ourense.

Os organizadores animan a asistir a este ciclo gratuíto para todos os públicos.

Te puede interesar