Os colectivos veciñais optan a 20.000 euros para gastos

As asociacións de veciños do Carballiño recibirán neste ano un total de 20.000 euros do Concello como axuda para os gastos de mantemento das entidades. Una comisión integrada polo alcalde, o concelleiro de Medio Rural e un técnico deste departamento encargarase de avaliar as solicitudes de subvención que presenten os colectivos.
As axudas están orientadas a sufragar gastos de auga ou electricidade, adquisición de mobiliario, obras de arranxo dos locais sociais e outro tipo de actividades como excursións culturais ou festas populares. As xuntas directivas das asociacións deberán xustificar documentalmente con facturas os traballos ou compras realizadas, ademais dunha memoria do programa de actividades organizadas ó longo do ano e as actas das asambleas xerais onde se aprobou o orzamento.


PARROQUIAS

O elevado número de entidades existentes, que son 20 integradas na Federación Veciñal do Carballiño, fai que as cantidades que perciba cada unha delas ó remate do ano non supere os 1.000 euros de media. Ademais, o Concello tamén otorga subvencións a aqueles colectivos que promoven as festas patronais en cada unha das 15 parroquias do rural, cunha achega de 300 euros.

Te puede interesar