NAVIDAD

Os comerciantes de Ribadavia organizan un Mercadillo de Nadal o 21 e 22

Ademais dunha ampla variedade de produtos tamén se contará coa visita de Papá Noel e con xogos infantís

A asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro organiza o seu primeiro Mercadillo de Nadal, que terá lugar os días 21 e 22 de este mes de decembro, na igrexa da Madalena, en Ribadavia, en horario de 11,00 ás 21,00 horas.

Segundo sinalan os directivos da entidade, neste mercadillo contarán con negocios de todo tipo, que ofrecerán ao público desde alimentación típica de Nadal, pasando pola roupa, complementos, produtos de beleza e tamén de todo tipo de agasallos para estas datas. 

Ademais durante a fin de semana haberá diferentes actividades para os nenos. Para elo, habilitarase un espazo infantil con atraccións para que poidan disfrutar xogando mentres os maiores se acercan aos postos de venta. 

Papá Noel xunto cun elfo visitarán as rúas da vila durante a xornada do sábado, e ás 19, 00 horas dese mesmo día estará na igrexa da Madalena recibindo aos rapaces.

Así mesmo, os Establecementos Asociados do Ribeiro tamén disporán no Mercadillo de Nadal dun photocall, un buzón para deixar as cartas a Papá Noel, unha zona nórdica con renos, trineo e ata neve, entroutras actividades e "un sin fin de detalles que farán que Ribadavia sexa especial esa fin de semana", conclúen.

Te puede interesar