PESCA

Comezaron as obras da canle para a cría de troita autóctona

O proxecto, que conta cunha subvención de 48.000 euros da Deputación de Ourense, foi impulsado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega,  en colaboración coa Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro

Comezaron as obras de rehabilitación da canle de auga da antiga fábrica de papel da Lavandeira, que permitirá a cría de troitas autóctonas neste entorno do futuro Museo do Papel. O proxecto, que conta cunha subvención de 48.000 euros da Deputación de Ourense, foi impulsado polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega,  en colaboración coa Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro.

O proxecto consiste en recubrir cunha rede metálica a vella canle de agua que discorre pola finca, con entrada desde a Piscifactoría e saída polo viaducto das norias e mazas da antiga fábrica, de xeito que permita criar unha gran cantidade de troitas sen que se vexan afectadas polas aves ou calquera outra circunstancia negativa.

Te puede interesar