Compromiso por Galicia reclama a “Escola Nova" para Punxín

 O portavoz do grupo municipal Compromiso por Galicia en Punxín, Eladio Fernández, afirma que non recibiu resposta á solicitude de información en relación a se a "Escola Nova", agora en mans da Consellería de Educación, pasará a ser de titularidade municipal, e por iso lamenta a actitude do goberno local e dos socialistas  "dando por feito o cambio de titularidade dado que non existe no Concello ningún documento que teña a mínima base legal para dicir públicamente que o asunto está resolto".

A raíz da disolución da Fundación Benigno Quiroga, que deixou como legado a Escola Nova ao pobo de Punxín, este concelleiro xa interpuxo un  recurso de reposición contra a decisión da Conselleria de Educación, ademais de colocar unha pancarta de protesta e recoller firmas para recuperar ese emblemático edificio.

Te puede interesar