politica

O Concello de Baltar aproba definitivamente o seu orzamento

OConcello da comarca limiá contará cun orzamento de 900.786 euros para este 2019

A corporación municipal de Baltar ven de aprobar, de xeito definitivo, o orzamento co que xestionará o presente exercicio económico de 2019. Tralo seu bo visto inicial, o pasado 2 de abril, finalmente o Concello da comarca limiá contará cun orzamento de 900.786 euros, no que o seu capítulo máis importante será o adicado a persoal, cunha cuantía total de 445.589 euros. 

Por outra banda, investiranse en bens e servizos 300.480 euros ao longo deste ano, e para inversións reais reservarase unha partida de 77.817 euros.

Te puede interesar