infraestruturas

O Concello corta hoxe Aquilino Sánchez para poder asfaltala

Os responsables municipais piden disculpas por estes contratempos aos veciños e usuarios, sinalando que son absolutamente necesarios para completar o proxecto de acondicionamento destes viais.

A rúa e travesía Aquilino Sánchez de Carballiño permanecerá hoxe cortada ao tráfico debido aos traballos de asfaltado de ambas calzadas.

Dende primeira hora da mañá e durante todo o día non será posible circular por estas vías en ningún sentido, nin tampouco se poderá acceder aos garaxes dos veciños residentes na zona, polo que se solicita aos conductores a utilización de vías alternativas e a previsión de non poder usar os garaxes mentres duren os traballos.

 

 

Os responsables municipais piden disculpas por estes contratempos aos veciños e usuarios, sinalando que son absolutamente necesarios para completar o proxecto de acondicionamento destes viais.

Nesta rúa, ademáis do asfaltado, tamén se habilitan aceras e se arranxa o alcantarillado para evitar verteduras de augas residuais ao río Carrás.

Te puede interesar