O Concello de Leirado únese ao mapa das aldeas modelo

mode2_resultado
photo_camera O conselleiro de Medio Rural, José González, presentou a medida aos veciños da localidade.
A Xunta acondicionará 622 parcelas pertencentes a 122 propietarios nun perímetro de 30 hectáreas

A localidade de Xacebáns, en Quintela de Leirado, converterase en aldea modelo, trámite que ocasionará o acondicionamento de 622 parcelas pertencentes a 132 propietarios, e que ocupan unha superficie total de 30 hectáreas. O obxectivo desta declaración -á que xa se sumaron 252 concellos e tres están en fase de adhesión, o que supón o 80 por cento dos municipios de Galicia- é protexer os núcleos rurais. Xorde da colaboración entre a Consellería do Medio Rural, a empresa pública Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias -Fegamp-. 

Preténdese, por outra banda, recuperar a actividade socioeconómica neses núcleos co fin de permitir a súa recuperación demográfica e a mellora da calidade de vida da súa poboación, ao tempo que se busca tamén unha anticipación aos lumes forestais, creando unha barreira natural fronte eles.

En núcleos como o de Xacebáns abordarase a limpeza e a recuperación da faixa dos 50 metros máis próxima ás vivendas. O resto dos terreos, ata o total da actuación, serán postos en produción mediante a actuación da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural -Agader-, en colaboración cos produtores interesados no seu aproveitamento, para así crear actividade agrogandeira neles, mediante cultivos de horta, cereal, pastos, froiteiras, castiñeiros, oliveiras ou a posta en marcha de gandarías.

Todos os terreos recuperados serán incorporados ao Banco de Terras de Galicia, de maneira que as persoas titulares recibirán unha compensación económica anual. A aldea modelo suporá a obtención dun rendemento económico directo ou indirecto.

Te puede interesar