seguridade vial

O Concello de Ourense reforza a seguridade viaria nos colexios con motivo do inicio do curso escolar

A campaña da Concellería de Tráfico incluíu un total de 29 centros educativos nos que se renovaron todas unidades que o precisaban

Concello de Ourense reforza a seguridade viaria na contorna dos centros educativos con vistas ao próximo inicio do novo curso escolar. A Concellería de Tráfico ven de rematar a campaña de colexios 2017/2018, na que ao longo de dúas semanas realizou unha revisión dun total de 29 centros educativos da cidade, coa finalidade de implementar unha total posta a punto da sinalización, tanto vertical como horizontal dos centros, e garantir as condicións máis axeitadas na contorna das unidades escolares, que desde este mes volven ser punto de destino da ruta diaria de nenos e nenas de Ourense.

As actuacións realizadas abranguen diferentes tipos: o repintado de pasos para peóns, a incorporación de novas unidades de sinalización vertical, ou a renovación daquelas que o precisaban por antigüidade ou deterioro para seguridade da alumnos, alumnas e demais integrantes da comunidade educativa nas proximidades dos centros.

A campaña de colexios realizouse ao longo da segunda quincena do mes de agosto, e incluíu as seguintes actuacións:

  • No Colexio Xesús Pousa repintáronse pasos de peóns e substituíuse un sinal de Colexio - Área a 30 que estaba deteriorada.

  • En Vistahermosa repintouse o paso de peóns da porta principal e as liñas de parada e substituíronse 2 sinais de peóns por outros 2 reflectantes.

  • En Seixalbo, repintáronse os pesos de peóns, a zona amarela que sinaliza a entrada principal, a zona amarela de seguridade de peóns e as prazas de aparcamento para autobuses.

  • No Padre Feijóo repintáronse os pasos de peóns con liña de parada da rúa Doutor Fleming e recolocáronse as bandas da rúa Portocarreiro, que se atopaban soltas.

  • No Amadeo Rodríguez, repintáronse 4 pasos de peóns na rúa Serra San Mamede e a zona de emerxencia escolar na porta principal co colexio.

  • No José García de Mende, realizouse o repintado do paso de peóns da rúa dende a liña de parada, así como a liña amarela e zona de autobús no lateral do colexio, repintáronse as liñas de preaviso de bandas sonoras e as Áreas a 30. E canto á sinalización vertical, repuxéronse 5 metros de bandas sonoras deterioradas.

  • En Manuel Sueiro repintáronse 2 pasos de peóns cos súas correspondentes liñas de parada, máis as de preaviso de bandas sonoras e liñas amarelas.

  • No Mestre Vide repintáronse 2 pasos de peóns en rúa Ángel Barja. Outros 2 en Salesianos e outros 2 en Maristas, na entrada principal, 1 en Concepción Arenal, outro no Instituto Otero Pedrayo, na rúa Padre Feijóo, e os 3 do colexio O Couto, na rúa do Greco.

  • No Curros Enríquez limpouse a sinalización informativa de zona escolar, en Lagoas 3, repintáronse as liñas amarelas da entrada

  • En Irmáns Villar pintouse unha zona de exclusión en amarelo na entrada principal e mellorouse a visibilidade do paso de peóns

  • En Eiroás repintáronse os pasos de peóns e de liñas detención e preaviso de bandas sonoras.

  • No Divino Maestro, repintáronse a liña de zigzag amarela na entrada do colexio e os pasos de peóns

  • No Divina Pastora, na rúa Cardenal Quevedo, repintáronse a zona de parada de autobús e os pasos de peóns, e en Manuel Pereira a liña de zigzag, paso de peóns e liñas amarelas,

  • En As Mercedes, repintado de triángulos de perigo e paso de peóns

  • En Carmelitas, repintáronse as zonas de emerxencia das portas principal e lateral, e en Cisneros repintouse a zona de emerxencia.

  • No Luís Acuña repintáronse 3 pasos de peóns, máis os símbolos de límite velocidade a 30 e triángulos de precaución: peóns

  • Finalmente, no Colexio O Couto - Rampa de Sás, repintouse a liña amarela de seguridade para os peóns, as liñas amarelas, zona de seguridade e aparcamentos de autobús escolar, e 2 pasos de peóns na rúa Francisco Asorey e substituíuse o sinal vertical de precaución: zona escolar.

A campaña revisou a seguridade viaria dos 29 centros, e constatou tamén o bo estado da sinalización hortizontal e vertical dos restantes, polo que non foi preciso tomar medidas adicionais.

Te puede interesar